“Ben,  pois xa vai tomando forma unha nova edición do Salón comiqueiro máis importante de Galicia,  a través dunha noticia no xornal Praza, Miguelanxo Prado anúncianos que o festival celebrarase do 6 ao 12 de Agosto, o que supón un adianto con respecto ás últimas edicións.

As tesoiras respectarán o Salón do Cómic. A austeridade e os recortes estarán presentes, pero non afectarán as partidas fundamentais que sustentan ao festival. Tamén salienta que este ano producirase unha variación na organización con respecto a edicións anteriores e que afectarán ás actividades paralelas. “A Concellería creou unha especie de subdivisión da estrutura, da que dependerán  o apartado feiral e as actividades paralelas. Isto asumirano Manel Cráneo e Alberto Vázquez”, explica o director, quen se amosa tranquilo e optimista de cara ao XV Salón do Cómic Viñetas desde o Atántico.

Anuncios