O 18 de maio inaugurouse na Fundación Luis Seoane da Coruña, a exposición Drácula, un monstro sen reflexo. Cen anos sen Bram Stoker (1847-1912). Comisariada polo editor Jesús Egido, céntrase tanto na figura do escritor irlandés Bram Stoker de quen se conmemora durante o 2012 o centenario da súa morte, como no universo da súa máis célebre creación literaria, Drácula, así como das fontes que a orixinaron e da súa posterior e aplastante influencia en diferentes eidos culturais, desde os máis eruditos ata as expresións máis coñecidas da cultura popular.

Drácula, un monstro sen reflexo, analiza de xeito exhaustivo o nacemento e percorrido dun mito moderno a través dunha extensísima bibliografía, carteis, cómics, obras de arte, películas, un ciclo de conferencias e un ciclo de música. A mostra comeza estudando as orixes da superstición dos vampiros, presente en casi todas as culturas desde a Antigüidade, así como a súa influencia na arte, para centrarse posteriormente na figura de Bram Stoker e o proceso de creación da súa novela grazas a unha abundante bibliografía, entre a que destaca a presenza dunha primeira edición de Drácula, editada en Londres en 1897. Ademáis, a exposición amosa a súa presenza de Drácula en eidos como o cine, a través das diferentes adaptacións das que a novela foi obxecto por parte de productoras como a Universal ou a Hammer ou en cómics como Vampirella. As edicións españolas da novela, os ensaios sobre o autor e a súa obra, así como documentación diversa como cartas, fotografías, carteis, etc. conforman un proxecto expositivo que se amplía cun ciclo de conferencias realizado en colaboración coa UIMP, un ciclo de proxeccións e unha serie de concertos.

Datas: 
18 Maio 2012 – 7 Outubro 2012
Lugar:
Anuncios