O primeiro número de Batman, publicado no 1940 co prezo de 10 centavos, vendeuse este mes nunha subasta por 656.000 euros. Este número, con 72 anos de antigüidade,  é o mellor conservado de todos os exemplares existentes, no que xa aparecen personaxes históricos como o Jóker e Catwoman.

A primeira vez que o personaxe de Batman ilustrou as páxinas dun cómic remóntase a 1939, cando apareceu no número 27 da serie  Detective Cómics, daquela foi tanta a popularidade que ao ano seguinte dedicáronlle o seu propio cómic.

Anuncios