El Jueves,  a revista humorística decana dos quioscos españois, cumpre esta semana 35 anos cun número especial no que se ofrece un repaso aos personaxes que marcaron época nesta publicación, como Betty, El Padre Cirilo, Johnny Roqueta o las Historias de la puta mili. Por suposto nas Bibliotecas Municipais podedes seguir gozando da revista máis divertida que hai na actualidade.
Nestes 35 anos, “El Jueves” sacou 1.826 portadas, e segundo lembran os seus responsables “ni una sola semana ha faltado la revista en el quiosco, ni siquiera cuando nos la han secuestrado…” . Non hai mellor maneira de celebralo que levar en préstamo algún dos últimos números da revista acompañado de un pack de cómics da colección Pendones del Humor. La parejita, Clara de noche, El profesor Cojonciano, etc. Unha verdadeira canteira de debuxantes e guionistas para a banda deseñada en España.

Anuncios