Este mes de xuño, por fin, DC Cómics pon á venda o primeiro número das sete precuelas de Watchmen, obra mestra de Alan Moore e Dave Gibbons.  A idea deste proxecto chamado Before Watchmen, é que vaia saindo un número novo semanalmente  e como podedes ver a continuación conta cun equipo de guionistas e debuxantes de primeira orde mundial:

Minutemen (6 números), de Darwyn Cooke
Rorschach (4 números), de Brian Azzarello e Lee Bermejo.
Dr. Manhattan (4 números), de J.M. Straczynski e Adam Hughes.
Ozymandias (6 números), de Len Wein e Jae Lee.
Silk Spectre (4 números) de Cooke e Amanda Conner.
Nite Owl (6 numeros), de Straczynski, Andy e Joe Kubert.
Comedian (6 números), de Azzarello e J.G. Jones

Tras a finalización destes números sairá Before Watchmen: Epilogue con varios autores dando fin a este festival. Nin que dicir ten que Alan Moore manteuse a marxe totalmente do proxecto e xerando unha gran polémica por se é licito ou non o que fai a editorial.

A continuación podedes ver un adianto publicado en USA Today! do primeiro número Before Watchmen: Minutemen.