Se no noso anterior post anunciábamos este mes de visibilización LGTBQ desde as Municipais, neste entramos en “temática” (por esto de irnos afacendo a un vocabulario, o LGTBQ, no que moito hai que “entender”,cof, cof…) Desde Fancómic, o nos guiño vai cara o mundo das viñetas e a ilustración, donde un amplo reflexo da realidade LGTBQ  acontece entre viñetas, en ilustracións e en historias entrecruzadas desde o estereotipo máis clásico e homófobo, á reivindicación das realidades marxinales que existen no mundo tanxible.

É por iso que iremos tocando tódolos palos desde o mais combativo ao mais lixeiro, mais hoxe, e por esto de facelo con toda a intención do mundo, imos cruzar a nosa propia delgada liña rosa e xogar cos estereotipos máis empregados, máis emulados, e sobretodo, máis aclamados polo público. Porque non hai nada mellor para desmitificar unha visión que desmontar os seus pilares, e contra o eterno triángulo rosa que levamos de víctimas, un referente da risa cara un/ha mesmx: Ralph König.

Non vou facer  unha biografía del xa que é de sobra coñecido con series como El condón asesino (cun resultado patético no cine) ou Konrad & Paul. A intención de utilizar a König como primeiro post específico deste mes de visibilización non é outra que fomentar a risa entre nós mesmxs, ríndonos dos nosos propios estereotipos e xogando con cada unha das representacións tradicionais de xénero, a pluma mais plumífera, xs bolleras mais bollo, xs trans mais cañerxs, as masculinidades mais hipermasculinizadas ata o absurdo…

Se Ralf König ten algo especial é que sabe representar unha comunidade, a LGTBQ, moi diversa, e nos seus cómics así o fai constar, engadindo un punto de autocrítica, un punto de ironía e un punto de mala baba que o fai único incluso cando representa as reivindicacións máis serias. Igual que aquel colectivo galego…Raras somos todas!

Se non o coñeces, xa tardas en preguntar polos seus cómics na túa Biblioteca Municipal máis cercana.

Anuncios