As Municipais siguen entendendo, siguen visibilizando neste mes do Orgullo. E como visibilizar significa deixar á vista, non é sin tempo que fagamos unha visibilización dunha parte das representacións LGTBQ non tradicionais, das sexualidades disidentes, da transgresión en forma de viñeta.Así que, hoxe en Fancómic poñemos as gafas de pasta e facémonos teóricxs de xénero para lembrar tamén que todo esto do Orgullo é unha reivindicación, a reivindicación do dereito á diferencia e a ser visibles nunha sociedad aínda con feridas.

Se ben atopamos moitos exemplos de representacións de clichés e estereotipos LGTBQ no cómic,o amor platónico, as imaxes do aceptable, caras amables…Resulta máis complicado atopar representacións das dobleces da sexualidade, das prácticas disidentes nas marxes do considerado tradicionalmente aceptable.Mais como sempre, neste caso o cómic saca vantaxe en canto a explicidade ao resto de manifestacións literarias…

Ben pois, por esta razón, igual que a semana pasada König puxo o punto de autocrítica e bo humor en Fancómic, esta Gengoroh Tagame e Tom de Finlandia poñen o punto de visibilizar o invisibilizado, o prohibido, o subversivo…Se vos interesa descubrir un mundo de hipermasculinización onde o home pasa a ser obxecto (figura tradicionalmente reservada á muller), onde invírtense os papeis nos roles sexuales, onde se explicita a violencia dos pacto en total liberdade, non dubidedes en botarlle un ollo a estes dous autores de culto. O culto pola transgresión!

E feliz Día do Orgullo LGTBQ a todxs!

Anuncios