Camisetas Necesitamos da túa axuda para o Stand das Bibliotecas Municipais da Coruña durante a celebración do Festival de Cómic da Coruña «Viñetas desde o Atlántico 2012» que se celebra do 6 ao 12 de agosto.

Que tes que facer no Festival?

Axudarnos na montaxe e decoración da caseta, repartir os folletos na Feira e nas Salas de Exposicións de Viñetas, atender ao público na caseta e, sobre todo, informar de todo o vencellado ás Bibliotecas Municipais da Coruña e ó propio Salón do Cómic. Para iso debes inscribirte oficialmente como voluntario.

Como me fago voluntario oficial?

Muy fácil: solicita e cumprimenta a folla de inscripción na Biblioteca Municipal Infantil y Juvenil.  Se es menor de 18 anos debes traer tamén cumprimentada a folla coa autorización do teu pai, nai ou titor legal.

Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil: Rúa Durán Loriga 10, 1º de 11-14 h. e de 16 a 21 h.
Apura, non temos moito tempo¡