O Barcelonés Homs é o encargado de  completar a lista de autores convidados ao salón. Cunha ampla traxectoria no mercado francés, o de Barna asinou traballos individuais e colectivos como «La anciana que nunca jugó al tenis…«, a serie recén estreada en España «El ángelus”, ou a adaptación en cómic da exitosa trilogía literaria «Millenium«.

Con respecto as exposicións, ademáis da xa habitual mostras de orixinais dos autores convidados, poderemos desfrutar doutras tres: a primeira, comisariada por Michael Kompa, centrarase na figura de DC, Batman, da que, ademáis de poder ir ver a súa última película aos cines, poderemos desfrutar dos orixinais que Neal Adams, Jim Lee, Alex Ross, Mike Mignola ou Tim Sale fixeron do «cabaleiro escuro» unha das personaxes máis icónicas do Noveno Arte. Antonio Martín foi o encargado de organizar a exposición que versa sobre “Dragon Ball”, popular manga -posteriormente adaptado en formato anime- que, creado por Akira Toriyama, cumple 20 anos desde a súa publicación en España. Por último, poderemos desfrutar dunha nova exposición comisariada por Toni Guiral, que baixo o título “Islas”, abordará a presenza desta porción de terra rodeada de auga como escenario esencial e como valor simbólico dentro do mundo da historieta.