Buda o maxistral cómic de Osamu Tezuka saiu o pasado 25 de xullo á venda en DVD. Tratase da primeira parte dunha triloxía de películas animadas feitas por Toei Animation e Tezuka Productions dirixida polo productor de “Bola de Dragón”, “Los Caballeros del Zodíaco” e “Capitán Harlock”, Kozo Morishita.

Buda: el gran viaje foi nominada pola Academia de Cine xaponés á Mellor Película de Animación, e despois da súa presentación en SITGES: Festival Internacional de Cinema Fantàstic de Catalunya obtivo unha boa acollida entre os afeccionados . Segundo eles a espera de casi catro décadas a que o manga saltase á pantalla grande obtivo os seus froitos xa que “o equipo de Toei converteu unha das obras mestras de Tezuka nunha experiencia puramente cinematográfica”.

Neste primeiro DVD poderemos ver como transcorre a vida do xove príncipe  Siddhartha Gautama dende o seu nacemento na antiga India, lugar onde a vida transcorre entre sequía, fame, guerra e inxustizas propias do sistema de castas, ata a súa decisión de emprender a viaxe espiritual que o convertirá en Buda, “O Iluminado”.

Estade atentos porque este DVD pasará moi pronto a formar parte do noso fondo, aínda que se non queres agardar sempre podes levar a obra completa emprestada desde calquera biblio municipal. E agora para poñer os dentes longos…