Desde hai uns anos o Forum Metropolitano conta cunha programación comiquil propia coincidindo co Festival Viñetas desde o Atlántico. Por iso as biblios, ademáis de participar nas casetas, temos o placer de presentarvos as actividades que faremos no do AC/BD (A Coruña/Banda Deseñada). Actividades  coas que, sen dúbida, vos daremos o agosto:

 Tour de Mallas (Do 1 ao 19 de Agosto)

Conmemora o 50 aniversario de Spiderman asistindo a exposición retrospectiva que temos preparada para ti. Nela poderás ver, ler e levar emprestados todos os cómics do famoso trepamuros, ademáis das historias deses superheroes cos que medramos ao longo destes anos.

Supersorteo (Do 1 ao 19 de Agosto)

Participa no sorteo dun lote de cómics valorado en 100 euros. O único que tes que facer é levarte emprestados 5 cómics para ser o gañador. Pide máis información na biblio Forum e goza de todos os tebeos “by the face”.

III Festival de Banda Desghreñada (10 de Agosto ás 21:00h)

Non hai dúas sen tres, por iso voltamos as andadas coa Banda Desghreñada. Que non sabes o que é?. Non tes Glamour, ou?. Colle o tebeo do teu autor galego favorito porque seguro que o atoparás neste festival no que cómics, guionistas e ilustradores deixánse levar pola potencia da tinta e os garabatos do Rock´n Roll. Desghreñate, de GRATIX, con:

LAS VECCHIAS, BACK TO 1984 e LOS22

Xornadas Mangalego (Do 21 ao 23 de Agosto. 11:00 a 14:00 – 16:00 a 20:30)

Goza do cómic japonés a través das actividades que a asociación Mangalego ten preparadas para ti. Trivial, Karaoke e Cosplay nas salas de cine do Fórum. ¿Atréveste?

Anuncios