Desde hai varios anos, as bibliotecas municipais levamos ao stand de “Viñetas desde o Atlántico”, para desfrute de todos vos, unha pequena mostra do fondo Toñito Blanco. Uns 50 cómics dos 3000 exemplares donados á biblioteca Forum pola familia Blanco trala súa perda en 1994, que son, ademáis dun agasallo para a vista, unha pequena mostra da historia internacional da banda deseñada dos últimos cincuenta anos. Unha ampla biografía da  historia editorial deste xénero no noso país con exemplares que van dende os anos 50 até o esplendor dos 80, pasando pola decadencia editorial -que non artística- do principio dos 90.

Este ano, os asistentes a viñetas, poderedes gozar de maneira libre e gratuíta destas xoias en formato grapa. Só tedes que dicirnos que cómics, pertencentes a este fondo, queredes que levemos á caseta e estarán alí para vós. Non dubidedes en pasarvos pola biblio de Forum, elexir as vosas obras favoritas (o noso amigo Ismael ten un bo compendio no seu blog do que ides atopar) e degustar as actividades que vos están a agardar.

Vémonos.

Anuncios