Uns días antes de que comece viñetas, concretamente hoxe a partires das 20 horas, Manel Cráneo exporá na galería 9the13 as súas “estampas do Planeta Mincha”. 43 pezas en diversos formatos, que entremezclan acrílicos, acuarelas e obras de técnica dixital, das que 39 foron realizadas en exclusiva para a mostra.  Unha ampla visión do seu propio Universo Mincha que serve como preludio a estrea da curtametraxe adicada aos libros escritos e debuxados polo propio autor.

Senón vos podedes pasar, non vos preocupedes, xa que teremos outra cita con Manel en Viñetas, no stand de Demo Editorial, o sábado 11 de Agosto ás 12:30 horas. Alí presentará o seu novo álbum de BD “Cousas de Mortos”.

Anuncios