Hoxe ás 12:00 rematou o prazo para participar no sorteo na que a Biblioteca Municipal Forum Metropolitano agasallaba cun lote de cómics valorado en 100 euros.

Como xa sabedes o Forum Metropolitano ven desenvolvendo nos últimos anos unha programación comiquil propia coincidindo co Festival Viñetas desde o Atlántico. Deste xeito e conmemorando o 50 aniversario de Spiderman tivo lugar unha exposición retrospectiva no hall do edificio.

As persoas participantes no sorteo tiveron que asistir a esta exposición e levar emprestados 5 cómics entre os tebeos do famoso trepamuros, ademais das historias deses superheroes cos que medramos ao longo destes anos.

As 12:15 de hoxe luns, 20 de agosto, procedeuse a facer o sorteo na Sala de Adultos  da Biblioteca Municipal  do Forum Metropolitano coa presenza dos usuarios como testemuñas da elección da papeleta gañadora. A man inocente foi unha usuaria elixida ó azar.
A ganadora do Super Sorteo do Tour de Mallas foi Yolanda Paredes Martínez quen poderá recoller o premio  na Biblioteca do Forum Metropolitano (R/ Monelos 1) en horario de luns a venres de 9:00 a 14:00 h. e de 16:00 a 21:00 h. e sábado de 10:00 a 14:00 h.

Anuncios