Ilustranoite

Este sábado 25 de agosto a partir das 23:59 h teremos o primeiro Ilustranoite na cervexaría Penique (rúa Gómez Zamalloa 1, 15005 A Coruña), coa presentación de traballos de ilustración, cómic, animación e humor gráfico de forma breve e áxil, ao estilo dos pecha kucha. (micropresentacións de 20 imaxes por autor ou proxecto, a 20 segundos por imaxe). Estarán presentes coas súas presentacións Lola Lorente, Manel Cráneo, Iván Mouronte,  Colectivo Miñoco, Guitián, Fran Calvelo, Alberto Vázquez, Giovanna Lopalco, Xurxo G. Penalta, Luis Usón, Martín Romero, Ghosttthead e Marina Seoane.

Trátase dun formato de presentacións multimedia de varios profesionais de diversos campos da ilustración, organizado pola AGPI. A entrada será libre, aberta a todo o público. Este acto enmárcase dentro do Curso AGPI de Cor dixital, que terá lugar no Centro Ágora este mesmo sábado.

Anuncios