Estivemos tan atarefados durante estes últimos meses que nos esquecimos de que estabamos de aniversario.

Hai xusto un mes cumplimos seis anos. Seis anos nos que a nosa pequena familia comiquil foi medrando dentro e fora dos posts. Seis anos de traballo duro, reunións, tebeos e moitas risas cos que tentamos abrir a ventá das nosas bibliotecas cara o mundo. Seis anos nos que ti fuches o verdadeiro protagonista porque sen ti nada disto tería sentido. Por iso, os artífices deste blog; Antonio, Fátima, Gema, Iván, Julio, Nelson e Sira convidámoste virtualmente á mellor tarta do mundo mundial:

Anuncios