Xa podedes ver a través do portal de Yahoo! os 20 episodios que conforman a nova serie animada de Tom Hanks, “Electric City”.

A serie, creada e protagonizada polo coñecido actor, está ambientada nunha sociedad futurista distópica onde o control da información e o despilfarro de enerxía son o tema central dunha trama que mestura temas de carácter social, aventuras, ciencia ficción e acción.

Tódolos episodios, que oscilan entre os 5 e os 7 minutos, poseen as características interactivas e sociais de Yahoo! que permiten aos espectadores: profundizar nas historias das personaxes; ver escenas da rodaxe; reaccións e comentarios realizados directamente a Facebook e Twitter; conectarse en redes sociales de discusións e debates sobre temas sociais, eventos e personaxes, etc. Por outra banda, non tedes porque estar na casa para vela, xa que podemos dispor dela en múltiples dispositivos, entre eles as tablets.

Votádelle unha ollada que paga a pena vela!!

Anuncios