Do 2 ao 21 de Outubro estanse a celebrar as XXIV Xornadas de Banda Deseñada de Ourense do no Museo Municipal e na libraria Sindicato del Cómic. Un ano máis resistindo á crise e a desaparición do director da Casa da Xuventude, o falecido Benito Losada, grande impulsor da cultura e deste evento.

As Xornadas albergarán dúas exposicións no Museo Municipal:

Novela gráfica Galega 2011,  con 7 obras, 7 éxitos, 7 coleccións de artes finais e bocetos previos que mostran o nivel excepcional dos nosos creadores. Esta mostra recolle os traballos de Brais Rodríguez, David Rubín, Jacobo Fernández, José Domingo, Lola Lorente, Martín Romero e Miguel Cuba.

Certame Injuve 2011, inclúe as obras de Pablo Roa, Pau Valls, Diego Blanco, Néstor Fernández, Ana Santiso, Jose Domingo, Irati Fernández, Wahab Zeghlache.

A librería Sindicato del Cómic, acollerá unha exposición e venta de láminas de Las fabulosas crónicas del ratón taciturno de Martín Romero.

A entrega do Premio Ourense á mellor iniciativa do ano de banda deseñada e a celebración do  do primeiro Certame Benito Losada de Banda Deseñada, destinado a autores de até trinta anos, completan o programa desta edición das Xornadas de Banda Deseñada.

Hai que recordar que Bibliotecas Municipais da Coruña acadaron o Premio Ourense á promoción da Banda Deseñada no 2008.

Anuncios