Queda clarísima a relación do cómic coa realidade social, e pouco a pouco vaise relegando o eterno dilema do cómic como relator de historias fantásticas fronte ao complexo de madurez do que adoecen as narrativas, consideradas “adultas”. Xa van moitos anos que o cómic comezou a reflictir cambios e relatorios sociais, novelas gráficas clásicas como Maus ou Persépolis, por nombrar dúas das máis coñecidas, introducen o elemento de historia política nas súas páxinas. E como esas obras, un milleiro de título e autorxs.

Mais tamén o mundo ficcional e non tan ficcional do cómic, establece parámetros e clichés de representación, tan clásicos como o resto de manifestacións culturais, e tan importantes como calquera das mellores publicidades políticas. Supoño que todxs somos conscientes da herdanza macartista da que adoecen a maioría das historias de superheróes americanxs, onde xs malxs sempre son malísimxs e normalmente atenden a algún poder político desviado da normativa dxs superheroes, que defenden sempre a verdade absoluta.

Pois ben, lonxe de cazas de bruxas políticas, lonxe de atentados terroristas reales, preguntábame o outro día cantas personaxes vegetarianas ou veganas habería xa a estas alturas representadas no mundo comiquero. Admito non telo pensado antes, e levei unha boa sorpresa ao percatarme do tipo de representacións que atopei, nesta lista poderedes botar un rato curioseando o tipo de crenzas vencelladas á defensa dos dereitos dos animais, ás personaxes vegetarianxs ou veganxs e ás súas supostas intencións na BD.

Se hai uns meses falabamos de historias e personaxes LGTB, resulta curioso ver cómo hai máis modelos e clichés aplicados a outras tipoloxías. O mal está ahí fora raparigxs…e non come carne!

Anuncios