Estamos de Noraboa!!!

Despois de moito tempo de argallar conseguimos darlle forma ao CLC (Club de Lectura de Cómics) para que comecedes este outono ao carón das vosas viñetas favoritas. Moitos tebeos pasarán polas vosas mans ata final de curso; pero só aquí teremos a ocasión de reunirnos e ver se Blacksad, Pollo con ciruelas, Barrio lejano, V de Vendetta, Maus e La tetería del Oso Malayo están a altura das nosas expectativas. Estas serán as obras coas que traballaremos este ano (as do ano que ven as anunciaremos en vindeiras emisións) así que, tanto se as coñeces coma se non, víveas connosco porque sabemos que:

Se tes acaloradas discusións sobre as personaxes de dragon ball, se coñeces máis tebeos que os organizadores da comic-con e compartes superheroe favorito con Sheldon… ¡ESTE É O TEU CLUB!

O último mércores de cada mes ás 18:30h no Forum Metropolitano diseccionaremos, co bisturí na mán, o máis laureado e menos coñecido do panorama comiquil nacional e internacional; inundaremos a rede con posts neste blog que estás a ler; degustaremos as peores receitas culinarias saídas dos mellores mangas; queimaremos a preguntas aos autores dos nosos tebeos favoritos; moveremos as melenas coa Banda Desghreñada… e quen sabe que máis poderá pasar.

Se tes máis de 15 anos ni o penses; pasa xa pola biblio, ou chama por teléfono ao 981184298, e apúntate que as prazas son limitadas.

Vémonos o día 24!!!!

Anuncios