Museo de PontevedraO cómic no museo, Primeiros encontros coa banda deseñada é o título da actividade arredor do cómic que se celebrará do 27 ao 29 de novembro no Museo de Pontevedra.

O encontro está organizado por Octavio Beares (señor punch) e vai tratar o cómic como arte e a evolución do mesmo nas últimas décadas en Galicia e en España. Para iso teremos a grandes nomes que falarán deste e outros asuntos

  •  Kiko da Silva, A banda deseñada, a arte ignorada polo mundo da arte (27 de novembro)
  • David Rubín, Viñetas sen medo; ou como adicarse ó cómic dende Galicia e non morrer no intento (28 de novembro)
  • Pepo Pérez, Del tebeo a la novela gráfica: dos décadas de cómic en España (1990-2012) (29 de novembro).
Anuncios