Os autores Luis Gasca e Román Gubern, “El discurso del cómic” e “Diccionario de onomatopeyas de cómic”, acaban de sentar Cátedra coa primeira “Enciclopedia erótica del cómic”. Nela non só atoparemos exemplos de cómics eróticos, senón que poderemos achar múltiples referencias a todo tipo de libros ilustrados sobre o tema, con obras que van desde principios do século XX ata a máis recente actualidade. Un extenso catálogo con grande variedade de termos e exemplos da imaxineria erótica popular.

Non esperdes nin viñetas, nin unha historia amena que dinamice á lectura. Estamos perante unha Enciclopedia ao uso; un libro que se debe tomar como unha obra de consulta, de información e de referencia. De feito, o grande fallo da obra é que non aporta ningún índice bibliográfico e/ou de imaxes o que resulta denso e á vez molesto para o lector. Aínda así, estamos ante unha obra totalmente recomendable para calquer persoa que queira iniciarse ou  saber un pouco máis sobre o erotismo no noveno arte.

Dende Fancómic queremos aportar o noso gran de area a esta temática coa reseña de dúas obras cruciais para entender o novo cómic erótico: Lost Girls e Celluloid.

Anuncios