Preparados, listos, xa!!!

Abride os ouvídos e mailas bocas porque mañá temos a primeira sesión, despois da sesión inaugural feita o pasado mes, do Club de Lectura de Cómics da biblioteca Forum. A obra encargada de abrirnos os ollos cara o universo tebeíl é Blacksad; unha obra que citamos mil e unha veces neste blog e da que todos os membros de Fancómic somos adictos.

“Un lugar entre las sombras”, o primeiro título da saga, será o que nos faga vislumbrar toda luz que Juanjo Guarnido e Juan Díaz Canales lle imprimiron a escuridade do xénero negro. Unha obra que, a pesares de ser o primero traballo profesional de ambos autores, obtivo innumerables premios desde o comezo; acadando, o ano pasado, o maior galardón ao que aspira calquer ilustrador, o premio Will Eisner. Isto acentúa aínda máis o grande atractivo e a maior virtude que posúe a obra, a ilustración. Unha execución gráfica sublime na que os escenarios, a roupa, os planos… TODO está mimado ata o indescriptible. Co valor engadido dunhas personaxes que xogan coa percepción do lector debido á súa condición animal.

Xa hai ganas de xuntarse e desengranar en dúas horas o que para os dous autores foron sete anos de producción, plantexamento e execución. Os sorrisos dos membros do clube ao devolver o libro e o interese polo resto de obras de Blacksad dan a súa aprobación, pero quen sabe se ti que estás na casa lendo isto tes algo máis que dicir. Se é así, aínda podes participar. Pásate pola biblio Forum ou chama ao 981184298 e apúntate.

Vémonos!!!

 

Anuncios