CARTEL MORTOS ALITAA partires das 19.30 da tarde presentación de  “Cousas de Mortos”.

Que mellor obra que esta de Manel Cráneo para analizar o que foron e supuxeron os últimos miles de anos da historia da humanidade e despedirse do noso último día disfrutando e ríndonos de nós mesmos.

Aínda que moitos pensan que non, outros parapetados nos seus bunkers cren que esta será a última vez que Manel asinará exemplares, neste caso  todos aqueles que queirades podedes achegarvos á Librería Alita Cómics, na Rúa Orzán, en A Coruña.

Ademáis tendo en conta que pode ser a derradeira ocasión, o autor asinará tamén exemplares do recente nova edición de “Os Lobos de Moeche” e de “A Torre dos Mouros”. Dous títulos de ambientación medieval que no primeiro caso xa supera os 3000 exemplares vendidos e que se venden conxuntamente nun pack a 13,50 euros.

Ademáis das míticas cañas que os nosos colegas de Alita repartirán de gratix na presentación; sortearase tamén unha lámina enmarcada e asinada entre os que merquen calquera título do autor. Ao remate da presentación a festa continuará no Pub Dublín (Rúa Panaderas), onde permanece a exposición de pranchas da bd “A Torre dos Mouros” e ademáis disfrutaremos de música en directo.