Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa da Coruña.

Do 28 de febreiro ao 23 de maio de 2013, ás 20.00 horas

Entrada libre, aforamento limitado.

O cine de serie B é un pequeno reduto cinematográfico onde a imaxinación e o talento suplen a falta de presuposto. A necesidade agudiza o enxeño, e o que posúen películas como as deste ciclo é superior á maioría das súas irmás maiores. Dentro do cine de terror, a serie B fixo da suxestión e a elipse unha das belas artes, e o grao de liberdade creativa alcanza cotas inimaxinables no cine de gran presuposto. Dende a obra mestra de Edgar G. Ulmer Detour ata a pequena xoia de Ti West, enfant terrible do terror contemporáneo, The house of the devil, percorreremos entre calafríos unha das parcelas máis apaixonantes da Historia do Cine.

Paralelamente, como complemento a este ciclo, desenvolverase no museo o curso Os camiños do medo. Percorrido conceptual polo cine de terror e o ciclo de conferencias Voces na néboa: diseccionando o cine de terror.

Datas e Programa:

Detour (1945) Edgar G. Ulmer  — 28 de febreiro

Night Tide (1961) Curtis Harrington — 14 de marzo

The brain that wouldn’t die (1962) Joseph Green — 4 de abril

Carnival of Souls (1962) Herk Harvey — 25 de abril

Spider Baby (1968) Jack Hill — 16 de maio

The House of the Devil (2009) Ti West — 23 de maio

Máis Información, MAC