Só dous autores galegos optan nesta ocasión aos premios do 31 Saló Internacional del Còmic de Barcelona. Ardalén de Miguelanxo Prado e o segundo volume de El Héroe de David Rubín compiten polo premio á Mellor obra de autor español publicada en España en 2012, xunto con outros oito títulos.

Podedes consultar todos os candidatos na web de Ficomic. Do 11 ao 14 de abril xa coñeceremos os gañadores destes premios, os máis prestixiosos e de máis remuneración económica en España.

Xa sabedes que podedes levar prestados a maioría dos cómics seleccionados, e se non o temos… a que estades esperando para facernos unha proposta de compra!!!

Anuncios