E se a semana pasada falabamos das doazóns dos nosos usuarios, esta semana comezamos cas estupendas doazóns recibidas por autores. José Domingo, invitado por Pedro Ramos ao Taller de escritura creativa da Biblioteca Os Rosales, regalounos un bo feixe de cómics e, entre eles, a colección case ao completo do  pechado fanzine Barsowia.

Xa de sacar a colección na Biblioteca, o propio sería facelo completa, e así tentamos mercar os tres números que nos faltaban, pensando que sería sinxelo… Pero non foi así: tentamos conseguilos en librerías especializadas, chamamos a todas as tendas de segunda mano da cidade, falamos con algúns dos autores do fanzine e nada… Só conseguimos mercar os números 5 e 7 que nos faltaban (grazas á Librería Tanxencias, que por certo pecha este 27 de marzo, despois de 17 anos traballando), pero do primeiro nin rastro

Así que dende o blog facemos un chamamento para ver se alguén ten repetido na casa ese prezado número 1 do Barsowia e nolo quere donar á Biblioteca Os Rosales. Dende logo, aquí pensamos coidar moi ben esta colección, dado o valor que ten ao recopilar a obra de tantos e tantos autores galegos (aínda que non só).