Despois de soprender a propios e a extraños con Birdboy, Alberto Vázquez traenos o trailer do que está chamado a ser a curta do 2013, “Sangre de Unicornio.” Sairá 3 anos despois de que o seu predecesor acadara o Goya á mellor curtametraxe de animación (entre outros moitos premios) e fose seleccionado para participar nos Óscar. Un novo filme no que Alberto volve surcar os derroteiros máis escuros da psique humana, amosándonos a fraxilidade da nosa condición.

Esta desasosegante historia fantástica na que a morte e a amizade detonan a traxedia social das personaxes está producida por abrakam studio, uniko e Canal+; animada por Giovanna Lolpalco e Alberto Vázquez; con música e son de Victor García, contando para a ocasión coa participación do grupo coruñés Hongo.

Anuncios