Cuerda de presasSon moitas as interpretacións que recibimos continuamente de episodios históricos destacados, sexa en forma de ensaio, ficción, libro de historia ou calquera outra. Mais poucas veces atopamos unha mostra de contundencia á hora de plasmar episodios e sentimentos dun xeito totalmente efectivo.

Cuerda de presas non é un comic recente, é xa do 2005, mais caeu nas miñas mans de casualidade e chamoume a atención non tanto polo seu título, como pola súa portada, esa sensación de “algo hai ahí…” con esa estética firme, potente e en chamativos contrastes de cores vermello e negro, case deixando entrever o porqué de sentirme misteriosamente atraído por ese cómic.

Jorge García e Fidel Martínez elaboran nestas páxinas algo máis que un cómic de corte histórico, entretecen nas súas páxinas un relato único e á vez plural onde a voz das protagonistas retumba entre os muros impostos pola represión dun dos momentos mais convulsos da historia do Estado español, a Guerra Civil e a represalia tras a victoria fascista.

Cunha técnica de trazo simple e grueso, violento, moi violento, e casi asemellando mais un story board que un tebeo; Fidel Martínez expresa cunha viveza espectacular a soidade, a dor, as emocións encontradas das presas represaliadas pola dictadura franquista que, como noutros episodios históricos, foron tratadas como gando, sufrindo as mesmas humillacións, as mesmas vexacións, os mesmos maltratos que nas súas vidas cara o matadero sofren as reses de comida. Mais non só eso, a prosa poética que acompaña ás pequenas historias que describe este cómic por parte de Jorge García, non fan mais que achegar o guión deste cómic á categoría de poemario, onde cada historia ben podía ser un romance gitano de Lorca onde corre o sangue e a dor en forma de sílabas escasas pero cunha forza demoledora.

Sen dúbida, un dos cómics mais conmovedores que lin en tempo, non só pola temática, senón pola forza, a expresividade e a valentía de escribir sobre un tema que unha e outra vez fai aflorar polémicas. A voz dxs represaliadxs, máis aínda neste caso, na voz das mulleres que foron silenciadas polo pai Estado, polos compañeiros revolucionarios, aínda machistas, polas súas propias compañeiras homófobas… Jorge García e Fidel Martínez elaboran toda unha xenealoxía da represión no Estado español nos primeiros anos do réxime franquista.

Cuerda de presas / Jorge García, Fidel Martínez. — Bilbao : Astiberri, [2005]
95 p. : il. b. y n.

Anuncios