banner_comic201331 Saló Internacional del Còmic de Barcelona xa está en marcha. E alí se atopa unha importante representación de autores galegos de cómic. O portal galego culturagalega.org resume moi ben a quen podedes atopar esta fin de semana na Cidade Condal facendo clic neste artigo.

Por unha banda, Miguelanxo Prado e David Rubín, que optan ao premio á Mellor obra de autor español publicada en España en 2012, participarán en diferentes sesións de sinaturas e actividades no evento.

E pola outra, Lola Lorente, con Sangre de mi sangre, e José Domingo, coa obra  Aventuras de un oficinista japonés, vencedores galegos na edición de 2012, protagonizan senllas exposicións monográficas e asinarán exemplares dos seus traballos en diferentes postos.

Quen nos dera estar por alá… Pero xa falta menos para o noso propio Festival, Viñetas desde o Atlántico 2013 ;O)

Para os que os atopedes por Barcelona, no deberíades perder este evento… ou se o preferides visitar GRAF: Cómic de autor y edición independiente.