hobbycon_01-bfcaa

Os amigos da asociación Movemento Xove está organizando algo grande. E que como eles din, inventáronse un novo termo, o de multisalón, para falar da Hobby Con. Trátase dun evento que alberga nun só recinto catro tipos de feiras: un salón de cómic, un salón de manga, unha convención de ciencia ficción e un evento gamer (videoxogos, wargames, xogos de taboleiro…).

  • Onde: Palacio de Exposicións e Congresos da Coruña (PALEXCO)
  • Cando: 4, 5, 6 e 7 de xullo de 2013

Para dar a coñecer o evento, contan cunha páxina web, un blog, unha páxina en Facebook, presenza en Twitter, unha canle en Youtube, unha conta en Ask.fm e unha plataforma social en liña (HobbyCon Social). O obxectivo é dar a coñecer a Hobby Con e dar resposta a todos aqueles que esteades interesados en recibir información por parte dos organizadores.

Pero ademáis de Internet, teñen en marcha unha serie de actividades previas. A través do proxecto Camino a Hobby Con pretenden acadar difusión participando nunha xira de actividades por toda Galicia, que van dende unha competición de videoxogos de loita a un desfile de seareiros de Star Wars en Santiago de Compostela.

Dende Fancómic iremos facendo seguimento ao multisalón, que pinta moi pero que moi ben!

keep cal and hobbycon 1