Un día como hoxe, hai 75 anos, aparecía, nas librarías estadounidenses, o primeiro número de Superman (si, si ese cuxa puxa alcanzou cifras que non podemos nin imaxinar).

Para celebralo, o periódico El mundo fixo un monográfico completísimo con todo o que tes que saber do primeiro superheroe da historia. Declaracións de profesionais, expertos, historia, galería de imaxes, homenaxes… Se vos queda curto e queredes máis porque, coma nós, sodes adictos aos personaxes en “maias”, deixámosvos tamén a evolución gráfica e non tan gráfica da cara do personaxe que abriu a veda de todo o que veu despois.

Arriba e alá vou!!