JOE SACCOJoe Sacco é un autor de cómic. Joe Sacco é un xornalista. Joe Sacco é no fondo un cu inquedo que non sabe facer máis que trasladar as experiencias que vive nos terreos de conflicto en diferentes lugares do mundo.

Sen dúbida é un dos personaxes máis salientables da crónica social real, do reflexo dos horrores da guerra e das paradoxas que dentro da vida en conflicto se dan a diario. Se algo se pode salientar na súa carreira é a honestidade coa que reflexa o cotiá da multitude olvidada por formar parte de esas maiorías que son constituídas e distribuídas polas maquinarias da guerra. Cun debuxo pouco refinado, a mellor metáfora das identidades ás que da voz, narra historias esbozadas en boca de quen vive na periferia, de quen sofre as decisións do poder.

Pois ben, idolatrías a parte, compre celebrar que as obras de Joe Sacco por fin teñen traducción ao galego por parte de Rinoceronte (Cangas). Empeza con Palestina: na franxa de Gaza, e Gorazde, xona segura. Eu só espero que non queden só nesas e teñamos a obra de Sacco ao completo.

Anuncios