Voluntaria ou involuntariamente, Xosé Tomás emprega unha palabra que resoa na miña cabeza cada vez que a leo, cada vez que a escoito, porque cada sílaba vai cargada de significado, de contido, dun contido e un significado que pesa agora máis que nunca, nun mundo definitivamente desligado da realidade e baseado na virtuaidade, onde os lugares se definen pola súa existencia nos medios, nas redes de información dominadas polo poder e polarizadas ao antoxo. E polo tanto, esxs nómades, esxs ‘novxs bárbarxs’ dxs que falaba Antonio Negri NOMADESen Imperio, non son máis que obxectos á deriva dun tempo que se define en base á producción, aos intereses económicos e á segregación racial, relixiosa, de xénero e de clase. Chámanlle o mundo globalizado, o que globaliza o terror de quen perde a súa identidade no medio das categorías que manexa.

Entre debuxos de técnicas diversas e cun trasfondo onírico indudable, Xosé Tomás desfía en Nómades (2011)  as vidas de quen sofre o acoso diario das reglas da tradición. Específicamente adicado as mulleres, sempre discriminadas polo propio feito de ser muller; Xosé Tomás aborda con textos breves e planos cinematográficos que van desde o primeiro plano ao xeral da soidade, da saudade, da desesperanza, pero tamén da ansia de superación por ter non xa un futuro mellor, senón polo menos un, un futuro negado por razóns xeopolíticas.

As oito historias que sangra Tomás na súa obra van da loita pola supervivencia á esperanza dunha nena por vivir, filla da primeira historia, “filla do mar”…Nawal. Unha mostra de supervivencia, do camiño por facer, deixando claro o seu posicionamento a prol das xeracións por vir, e a esperanza dun futuro mellor para todxs.

E agora que o leo, quedoume un pouco gafapasta, ou? Pois dígovolo en plata: Esta obra é un dez! Mais non olvidedes que tan só é a miña opinión. Se queredes sacar a vosa, pasade vosa Biblio Municipal máis cercana e pedídeo!

  Nómades / Xosé Tomás. — Vigo : Galaxia, D.L. 2011
77 p. : il. cor ; 25 cm

Anuncios