Este volume pretende ser unha guía concisa para quen exerza a profesión de ilustrador/a. Expón, de forma sinxela, os aspectos máis relevantes do exercicio da profesión: por exemplo, como defender os dereitos de autor das obras, como relacionarse co cliente e coa Administración, ou como coñecer o funcionamento dos diferentes mercados relacionados coa ilustración. O Novo libro branco busca ser de utilidade tanto para aquelas persoas que se estean iniciando na profesión como para os ilustradores e ilustradoras máis veteranos.

A súa redacción vén avalada pola Comisión de Profesionais do Observatorio.

Fonte: Federación de Asociaciones de Ilustradores Profesionales (FADIP)

Anuncios