Viñetas 2013

A falta dun mes para que comece a 16ª edición de Viñetas desde O Atlántico, xa temos confirmados os autores cos que compartiremos charlas, exposicións e firmas do 5 ao 11 de agosto. Botade un ollo á representación deste ano:

Autores

David Aja: o vallisoletano xa visitou Viñetas fai varias edicións. Na actualidade está triunfando co seu traballo na colección «Ojo de halcón», na que colabora co guionista Matt Fraction. A serie xa recibiu varias nominacións aos premios Eisner, os máis importantes do medio.

Max: trátase dun referente da historieta española e gañador do Premio Nacional do Cómic de 2007. Visítanos coa súa reciente obra «Vapor» á que pronto se lle sumará «Paseo astral», de inminente publicación.

Jan Francisco Pérez Navarro: no ano no que se cumple o 40 aniversario de Superlópez, Jan volverá a visitar Viñetas, desta vez acompañado do seu compañeiro de equipo creativo Francisco Pérez Navarro, con quen traballou ademáis en «Otra vez el supergrupo«.

Susanna Martin: traeranos orixinais da súa última novela gráfica «Sonrisas de Bombay«. Nas Bibliotecas tamén podedes descubrir a súa obra «Alicia en un mundo real».

Enrique Fernández: ademáis de ser nominado ao Premio á Mellor obra de autor español de 2012 do Saló de Barcelona por «Aurore«, logrou sacar adiante o proxecto de crowdfunding titulado «Brigada».

Fausto Isorna: o autor galego foi director artístico da revista «Golfiño» e director de El Patito Editorial.

Baru: recoñecido autor da bande dessinée francesa, foi gañador do Gran Premio de Angoulême de 2010 a toda unha carreira. A viñetas visítanos coa súa última obra publicada en España «Los años Sputnik«.

Frank Le Gall: autor tamén da bande dessinée francesa, é o creador da saga de aventuras «Théodore Poussin«. Nas Bibliotecas podedes disfrutar xa do seu álbum «Miss Annie».

Exposicións

O mar e a historia nos cómics: comisariada por Toni Guiral, poderemos disfrutar desta exposición no Aquarium da Coruña.

Superlópez: comisariada por Antonio Martín, contaremos cunha importante retrospectiva dun das personaxes máis populares e entrañables do cómic español: Superlópez.

As Bibliotecas Municipais da Coruña participamos nesta edición, coma nas anteriores. Pouco a pouco iremos desvelando máis información. Polo momento buscamos voluntarios para o noso Stand na feira. Esperámosvos!