comics cabecera

O luns día 5 e o martes día 6 de agosto, a partir das 17:00h celebrarase un mercadillo de intercambio de tebeos na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil de Durán Loriga.

Se tedes algún tebeo que xa teñades aburrido de tanto ler e vos apetece ter outro nas vosas mans esta é a vosa oportunidade.

Poderedes trocar os vosos cómics con outros amantes dos tebeos e conseguir así unha nova colección.
Para participar só tedes que pinchar aquí e o día 2 de agosto pasar pola Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil en horario de 11:00 a 14:00h e de 16:00 a 21:00h e escoller o sitio para montar o voso chiriguinto.