E parecía que non ía chegar, mais aquí está o Agosto do cómic que tanto anunciamos. Xa sabedes da de cousas que temos preparadas para celebrar con vós este Mes do Cómic nas Bibliotecas MunicipaisXES CHAPELA, non sí?! Pois o pistoletazo de salida para os obradoiros comeza este luns na Biblioteca de Ágora e da man de Xes Chapela, que vai conducir o obradoiro” Libros, Imaxes e Curtametraxes”.

Sabemos seguro que vos gusta o cómic, e que decides do cine? Con Xes como guía, ides aprender a deseñar a vosa propia curtametraxe baseada no voso cómic favorito! Ao longo de tres sesións, os días 5, 6 e 9 de Agosto, poderedes poñer a vosa inspiración e creatividade a funcionar para obter como resultado un bo traballo que vos acredite como creadorxs de calidade cinematográfica e amosar ao mundo todo o talento que tedes.

Se queredes participar de toda esta locura creativa e tedes entre 12 e 16 anos, aínda estades a tempo de inscribirvos pulsando aquí. Veña chavalada, esperámosvos na Biblioteca de Ágora para convertirvos en cineastas de primeira calidade!

Anuncios