A historia interprétase como espello do sucedido no pasado e enlace co presente  para axudar a entendelo. Mais a historia, como ben sabemos , sempre é escrita por quen vence en cada episodio.
A Zona Crítica non só representa un conxunto de obras que reflicten episodios pasados en formato cómic, senón tamén un conxunto de obras que interpretan a realidade actual, que reinterpretan o devir de acontecementos que agora están a ser críticos. Igual que no grego antigo Krisis, como rotura, como separación, como momentos de cambio por unha ou outra razón, mais tamén críticos no sentido analítico de deconstruir momentos de cambio e chegar ao fondo de cuestións que nos afectan como personas, como cidadá(n)s e como animales no planeta.
A Zona Crítica non é unha mostra, senón unha actitude ante o mundo que nos rodea, cambiante, mutante, onde nós somos cabezas pensantes e capaces de afondar nas raíces das problemáticas actuais ou herdadas no tempo.

Este é o texto que acompaña a selección de cómic que vos temos preparada na Biblioteca de Ágora para este mes do cómic. Pero si queredes afondar neste tema, achegar ideas e propostas, o proximo martes 13 de Agosto, ás 11 da mañá, temos preparado na Biblioteca de Ágora un encontro con dous autores que teñen moito que aportar. Manel Cráneo e Xosé Tomás estarán con nós na nosa “Mesa Crítica”.

Achegádevos a intercambiar ideas e pareceres!LOGO ZONA CRITICA copia