A Torre dos Mouros, Manel Cráneo

Charla-obradoiro no que o autor explica como se pode combinar arqueoloxía e cómic a través do proxecto A Torre dos Mouros, un cómic de xénero histórico que nos achega á Galicia do século X e a defensa contra as invasión e normandas baseándose na excavación arqueolóxica.

O comic-book realizado por Manel Cráneo, có asesoramento do periodista e historiador Manuel Gago e o arqueólogo Antón Malde,  reconstrúe hipotéticamente o contexto histórico e social na zona da Costa da Morte, nos albores da Alta Idade Media, tomando para isto como eixo da acción a fortaleza excavada o pasado verán no monte de Lira. Unha parte da edición desta banda deseñada, que conta coa colaboración da Consellería de Cultura e Educación da Xunta de Galicia, e foi distribuída gratuitamente a todos os nenos de Carnota. Os voluntarios e o equipo técnico que participou no proxecto arqueolóxico tamén recibiron gratuitamente un exemplar personalizado, dedicado persoalmente por Manel Cráneo, en agradecemento pola súa colaboración na campaña arqueolóxica desenvolvida o pasado verán de 2012.

E aquí podes descargar as dúas primeiras páxinas en pdf do cómic.

Neste vídeo podes ver como Manel nos explica o seu traballo e a súa participación no Proxecto Torre dos Mouros.

Os voluntarios que puxeron en valor na campaña 2012 a fascinante e enigmática fortificación da Torre dos Mouros, traballan agora nun novo eixo: o Castro de Mallou, un fascinante conxunto arqueolóxico.

RECORDA:  Charla-Obradoiro de Manel Cráneo, o 20 de agosto ás 11:30 h. na Biblioteca Forum Metropolitano da Coruña.

Anuncios