Antes de que remate Agosto, mes do cómic nas Bibliotecas Municipais, na Biblioteca Os Rosales tamén temos preparado un obradoiro de cómic para os máis pequenos da casa. Da man de María Vilar, descubrirán como se constrúe un cómic, a súa dinámica e os seus trucos. Aprenderán a forma de contar as súas historias mediante o debuxo e a ilustración.

Cando: 27 de agosto  ás 11:30 h

Onde: sala infantil da Biblioteca Os Rosales

Como inscribirse: tan só facendo clic aquí e cubrindo os tres datos que precisamos.

Comicteca da Sala Infantil da Biblioteca Os Rosales

Anuncios