Bertrand Tavernier (“Hoy empieza todo”) adapta en ‘Quai d´Orsay’ a novela gráfica de Abel Lanzac e Cristophe Blain, premiada en Angoulême e publicada en España por Norma Editorial. Protagonizada por Thierry Lhermitte, ‘Quai d´Orsay’ está protagonizada por un mozo encargado de escribir os discursos dun ministro. A película verase estes días no Festival de San Sebastián e o seu Trailer en francés xa está dispoñible.

Unha sátira política aguda, sagaz e absolutamente desternillante, que atenta directamente contra a política de exteriores de Francia, fixando o seu obxectivo contra ese estigma chamado burocracia. Tavernier debuxa un puñado de personaxes no extremo da ineptitude, comandado por un ministro de exteriores francés tan inoperante como o resto do seu estrafalario séquito que do mesmo xeito que o seu inútil líder, perde constantemente ‘os papeis’. Eles son os atolondrados protagonistas desta verborréica comedia articulada en forma de inabarcable trabalinguas e a través de constantes choques, tanto físicos como orais, no que a incompetencia, a ignorancia, a impericia e a máis irresistible torpeza, campan ás súas anchas. E iso que falamos do Goberno francés! (Más sobre a Película en Filmin.es)

AS BIBLIOTECAS MUNICIPAIS RECOMENDAMOS:

Quai DOrsay, Tomo 1 e 2 – Christophe Blain e Abel Lanzac

Lanzac, antigo membro do gabinete ministerial de Dominique de Villepin, retrata con sátira e realismo as vicisitudes do principal rival conservador do presidente francés Nicolas Sarkozy

Arthur Vlaminck é un prometedor político de esquerdas francés ocupado en escribir unha tese para a que nunca ten tempo. Un día, a súa vida dá un xiro completo cando é contratado polo ministro de dereitas Alexandre Taillard de Vorms para traballar no Quai d’Orsay, o Ministerio de Asuntos Exteriores, como responsable dos discursos. Un posto tan complexo como desagradecido, e que lle levará a descubrir os trapos sucios do mundo da política.