Chéganos novas do proxecto de BD coordinado por David Buceta e David Braña, que buscan financiación na plataforma Verkami.  Chámase “Sharp Avenger vive en la calle”,  e trata sobre as vivencias dun superheroe que, afectado pola crise, acaba vivindo como un sen teito. O proxecto conta con ao redor de 50 persoas involucradas, entre guionistas, debuxantes, coloristas ou ilustradores, encargados dunha franxa horaria do día do enmascarado.

Que ocorre cando alguén afeito loitar contra o mal acaba sendo vítima da peor crise económica mundial? As aventuras de Sharp Avenger mesturan acción con drama, épica con humor, nun cómic que une o xénero superheróico co cómic independente, baixo finas capas de cómic social e underground.

Coordinado por David Buceta (“Sinónimos de Lucro”) e David Braña (“El Arca de las Historietas”), o proxecto inclúe as colaboracións de xente como Juanjo Ryp (“Clone”, “Frank Miller´s RoboCop”, “Black Summer”), Brad Abraham (“Mixtape”, “RoboCop: Prime Directives”), Norberto Fernández (“Golfiño”, “Quattrocento”, “Tattered Man”), Paco Hernández e Jose Ángel Ares (“Rosa y Javier”), Jaime Collado (“Johnny Caronte”, “Poe and Phillips”) ou J.A. Rubio (“EuroCorps”, “Renna”), entre outros moitos.

No seguinte vídeo, explícannos o proxecto:

Consulta a páxina do crowdfunding Verkami, e existe unha “miniweb” onde se pode descargar gratuítamente o prólogo do proxecto.

Anuncios