Premios Expocómic 2013

Aberto o prazo das votacións aos Premios Expocómic 2013, no que existe unha lista con candidatos elixidos sobre todas as novidades editadas este ano de Novembro de 2012 a Outubro de 2013 pero que permite a posibilidade de votar outra obra que non se atope nesa listaxe previa. Lembrámosvos que o prazo de votación pechásese o Mércores 11 de Decembro ás 23:59 h. Algunhas das obras nominadas á Mellor Obra Nacional son:

Paseo Astral (Max, La Cúpula)

Conspiraciones (Jose Domingo, Astiberri)

Isabellae (Raule/Gabor, Norma)

Los Cuentos de la Era Cobra (Enrique Fernández, Norma)

Brigada (Enrique Fernández, Autoedición)

El Otro Mar (Alfonso Zapico, Astiberri)

Miércoles (Juan Berrio, Sins Entido)

La Saga de Atlas y Axis 2 (Pau, Dibbuks)

Pepe (Carlos Giménez, Panini)

Ardalén (Miguelanxo Prado, Norma)

Videojuegos (David Sánchez, Astiberri)

El Héroe 2 (David Rubín, Astiberri)

Pornografía (Nacho Casanova, Diábolo)

El pico de los Cuervos: Matar a Franco (Mikel Begoña/Iñaket, Norma)

O Salón Internacional del Tebeo de Madrid, máis coñecido como Expocómic, é un evento de BD que se celebra anualmente en Madrid desde 1998. Contou co patrocinio do Concello de Madrid e do Ministerio de Educación, Cultura e Deportes; e organízao a Asociación Española de Amigos del Cómic (AEAC), e foi dirixido por Paul de Muck e actualmente por Emilio Gonzalo. Os Premios Expocómic están organizados tamén pola Asociación Española de Amigos del Cómic (AEAC). No seguinte link, podedes acceder aos invitados da edición 2013.

Anuncios