Parece que resulta imposible resistirse ao encanto de Calvin e Hobbes, supoño que calquera de vos coñecerá esta incrible serie de aventuras entre dous amigos que pode que sexan os mellores do mundo mundial; un rapaciño de idade indefinida entre os 5 e os 7 anos e un tigre de peluche que é o seu compañeiro de aventuras día a día.

CALVIN Y HOBBES 04

Pois ben, parece que xs fetichistas estamos de noraboa. Vense de estrear o documental Dear Mr. Watterson, que recolle a repercusión destas tiras cómicas, ou como din na súa páxina web, da mellor tira cómica na historia do universo!

Vale que pode que non todxs esteamos dacordo, que teñamos outras preferencias, pero a verdade é que quen se pode resistir a saber as historias que hai detrás dun cómic tan infantil como acedo, tan adulto como inocente? Eu non! e por si acaso…volo recomendo!

Anuncios