Ediciones Salamandra acaba de anunciar a próxima saída ao mercado dun novo selo de novela gráfica.
Salamandra Graphic nace coa vocación de publicar ós títulos máis interesantes e representativos dunha especialidade que, dentro do mundo do cómic, aglutina ós autores que misturan unha gran creatividade plástica cunha auténtica proxección literaria dos seus textos.
A persoa responsable deste novo proxecto de Salamandra será Catalina Mejía, que estivo a cargo da liña editorial de Sins Entido durante o últimos catro anos. Catalina achéganos a súa dilatada experiencia neste campo editorial, así como unha excelente reputación entre os especialistas do sector en todo o mundo.
Entre os autores que en breve integrarán o catálogo de Salamandra Graphic podemos mencionar xa a Manuele Fior, Nicolas Mahler, Igort, Guillaume Long, Florent Chavouet, entre outros, que sen dúbida pertencen ao grupo máis selecto e prestixioso de creadores de novela gráfica na actualidade.
Nas próximas semanas haberá unha información máis detallada sobre os primeiros títulos a publicar e a data exacta do seu lanzamento ao mercado.
Fonte: Salamandra
Ditadura no ar do spam:
Siro em Zigzag Eirado, 05/01/2014, Pepe Carreiro, 22/12/2013; Kiko da Silva em Zigzag Diario, 31/12/2013.
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/eirado
http://www.crtvg.es/crtvg/canles-tematicas/corte-a-corte/etiqueta/zigzag-diario
Grazas.