La Oveja Roja é un proxecto editorial, como elxs mesmxs afirman na súa páxina web, un proxecto común e orientado á colectividade. E poderiamos decir que cada editorial é un proxecto común destinado á colectividade, mais facer fincapé nesta editorial non é casual senón unha forma de recoñecer a unha desas editoriales máxicas, que publican pequenas xoias en diferentes formatos. Recoñecer do mesmo xeito o labor dunha editorial comprometida ideolóxicamente desde as súas primeiras edicións no 2007 e que aposta claramente pola actualidade social, económica e política partindo dun enfoque crítico. Na súa páxina web o deixan claro: “Queríamos dar la voz a quienes merecen ser escuchados. Queríamos apoyar la difusión de los análisis críticos que tanto necesitamos para construir un mundo con el que queremos soñar. Queríamos resistir y nos pusimos a crear.”portadaPF

Se nos poñemos a facer reconto de obras que poden considerarse xoias editoriais das letras críticas e posicionadas, do ensaio político e da poesía de resistencia, son moitas as obras  que no seu catálogo podemos coñecer e desfrutar a través das propias Bibliotecas Municipais. Mais este é un blog de banda deseñada e sobre banda deseñada, e tamén neso teñen que dicir xs integrantes do proxecto La Oveja Roja.

Xa hai un tempo que podiades ler e levar en préstamo algunhas das obras gráficas desta editorial, mais sin embargo, ata este mes non incorporamos ao catálogo das Biblios Municipais unha desas obras que resulta ser de lectura obrigada nos tempos que corren. Puta Fábrica ten nome de manifesto ludita, mais resulta ser un manifesto vitalista, un canto á vida en tempos de morte, trazado case cun estilo caricaturesco en blanco e negro e cunha linguaxe lapidaria onde non queda aire que respirar que non sexa contaminado polo fume dunha fábrica que nin descansa nin deixa descansar.

Qué fai especialmente recomendable esta obra? Pois precisamente a capacidade de Jean-Pierre Levaray e Efix para trasladar ao debuxo a forza dunha realidade cotiá dos nosos días. A realidade da resaca dun sistema que fagocitou as ilusións de cada un/ha de nós para convertirnos en autómatas dunha rutina estéril. Un relato que ao principio foi novela e que abre a boca e traba na realidade de moitas das persoas que sofren vendo como un sistema monetario, político e social inxusto termina coas súas ilusións e coas súas vidas no nome da producción.

En tempos de crise, no que gurús de novos movementos laborales como Richard Florida auguran unha asociación do traballo ao ocio (incluso o noso ocio, o noso tempo de lecer, se regula e se permite como caramelo a cambio das horas de vida vendidas), un benestar baseado na capacidade  dxs mellores para crear e moverse libremente entre o éxito; en tempos de inxustas condicións laborales, achegávosmos un bo exemplo para analizar a realidade de moitas das persoas que coñecemos, de nós mesmxs, como parte do xogo. Na nosa man está a capacidade crítica, e con cómics coma este podemos darlle un pulo aos nosos cerebros e corazóns para non rendirnos.