Se tes máis de 18 anos, gozas lendo calquer novela gráfica e non sabes que facer cos 40 Euros que che sobran do bolsillo, non o dubides máis e apúntate ao obradoiro que comezará o vindeiro xoves na Fundación Nova Caixa Galicia. Non tes porque ser un experto no tema nin posuir coñecementos previos de debuxo ou narrativa conceptual. Se es unha persoa interesada na narración visual e o cómic como medio de expresión persoal, isto é para ti. No obradoiro producirase un achegamento ao cómic como forma de “escritura visual” que permite narrar calquera historia ou experiencia. Profundizando, desta maneira, na linguaxe do cómic e a exploración das conexións da novela gráfica contemporánea con campos como a narrativa, o ensaio ou o documental. Inscríbete!!

Obxectivos:

Desenvolver o coñecemento da linguaxe da novela gráfica

Aprender outra manera de escribir historias

Aprender a expresarse mediante a gráfica e a narrativa secuencial

Buscar a propia voz como autor de novela gráfica

Traballar as ideas hasta convertilas en guións

Crear historietas e elaborar autopublicacións.

Programa: 

A estrutura en tres actos

A trama mínima e necesaria

Un protagonista de novela gráfica

Como falan os personaxes

Autopublicarse é fácil

Anuncios