O guionista galego Carlos Portela e o debuxante catalán Sergi San Julián publicaron en 2008 a primeira parte da novela gráfica “A conta atrás”, inspirada na catástrofe do Prestige. O álbum recibiu excelentes críticas e foi nomeado ao Premio a Mellor Guionista en Expocómic 2008.  Seis anos despois os autores decidiron autoeditar a segunda parte seguindo o modelo de crowdfunding na plataforma Verkami. Dispoñen de 40 días dende o 19 de marzo que comezou a campaña.

https://i2.wp.com/www.sofaguru.org/wp-content/uploads/2008/09/cuenta-atras.jpg

Nas Bibliotecas Municipais da Coruña temos dispoñible o primeiro volume tanto en galego como en castelán, #recomendamosbmc:

A conta atrás 1 do guionista Carlos Portela e o ilustrador Sergi San Julián, editada por FAKTORÍA K na súa colección de banda deseñada, e tamén por Norma Editorial, é unha novela gráfica para adultos baseada na catástrofe do Prestige.

A acción sitúase un ano despois do afundimento do petroleiro que causou a maior marea negra dos últimos tempos. Conta como políticos e xornalistas pon en marcha unha campaña propagandística para anunciar a limpeza das praias e a recuperación do sector pesqueiro cando, en realidade, trátase dun exercicio de manipulación informativa.

A modo de viaxe no tempo, a historia exponse en sentido inverso, desde o presente máis actual cara ao pasado. Á orixinalidade do guión, pola utilización do flash-back como modo narrativo, engádese a calidade artística das ilustracións, que destacan pola súa expresividade e detallismo, cun marcado estilo cinematográfico.

Anuncios