Parece que en USA están a mirar moi detidamente o que fan os autores deste lado do Atlántico. Se ben, o ano pasado houbo dúas publicacións de autores españois que acapararon catro dos prestixiosos premios Eisner; este, son tres autores nados nas nosas fronteiras os que optan a varios galardóns. Entre eles hai dous, sen desmerecer o traballo do terceiro, que non paramos de nomear neste blog. Por qué?. Porque son galegos. Unha de nacemento, Emma Ríos, e outro de corazón, José Domingo.

Emma, que xa leva varios anos traballando para Marvel Comics, emprendeu o ano pasado un proxecto de autoría propia coa escritora Kelly Sue DeConnick. O resultado foi, Pretty deadly, un western sobrenatural que está a recibir boas críticas da prensa especializada e do público. Unha parte significativa do éxito deste tebeo foi grazas a liberdade creativa que gozou Emma para facelo, puidendo levar o seu debuxo a extremos que probablemente lle estarían vedados noutras franquicias. O resultado, nominación en dúas categorías, mellor debuxante e mellor portadista (DeConnick tamén está nominada como guionista).

Aínda que, sen dúbida, a sorpresa máis doce que tivemos foi a nominación como mellor obra Estranxeira da edición internacional de Aventuras de un oficinista japonés de José Domingo. Publicada orixinalmente en 2011, a obra obtivo un recoñecemento crítico prácticamente unánime e recibiu o premio á mellor obra no Saló de Barcelona de 2012. Esta candidatura vén a confirmar a accesibilidade do título a calquera perfil de lector e, polo tanto, a súa excelente proxección internacional. Incansable Polaqo e compañeiro de batallas nas aventuras Barsowianas.

Entre o resto de nominados atópase tamén o debuxante David Aja, que leva un tempo triunfando no mercado norteamericano na serie de Marvel Comics Hawkeye, e que xa foi galardoado con dous premios Eisner o ano pasado. Estade pendentes a este blog, xa que o 25 de xullo decidiranse os gañadores desta edición, e retransmitiremos case en directo.

Imos a por todas rapaces!!. Noraboa aos tres.

Anuncios